VITAMINA N
18,00€
Autor:
Richard Louv
Editorial:
FAKTORIA K DE LIBROS
Idioma:
GLG
Páginas:
320
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Ficha técnica
- Autor
- Richard Louv
- Editorial
- Faktoria k de libros
- ISBN
- 9788416721504
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 320
- Encuadernación
- Libro en otro formato
- Disponibilidad
- Disponible
As probas indican que as experiencias nos espazos naturais poden paliar os síntomas do trastorno por déficit de atención con hiperactividade, mitigar a depresión e a ansiedade, axudar a previr ou reducir a obesidade e a miopía, reforzar o sistema inmune e reportar moitas outras vantaxes para a saúde física e psicolóxica. Ademais, o tempo que se pasa na natureza tamén pode mellorar a socialización e reducir a violencia social, estimular a aprendizaxe e a creatividade, reforzar a ética conservacionista Richard Louv sostén que o aumento galopante da tecnoloxía provocou a aparición do denominado trastorno por déficit de natureza. Acostumados durante milleiros de anos de evolución a adaptarnos a unha contorna, nos últimos tempos cambiamos o medio natural pola cidade;da comunidade rural pasamos a unha sociedade altamente urbanizada. Esta situación produce desordes nas funcións fisiolóxicas e psicolóxicas, agravadas segundo aumenta a exposición á velocidade e á hiperestimulación dos avances tecnolóxicos. O cerebro de nenos e mozos habituouse a manexar aplicacións en dispositivos móbiles e a consultar Internet nun ordenador portátil mentres simultaneamente escoitan ou ven series de televisión;para eles, a natureza tense reducido a un estímulo lento.
