Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

TRES PINTORES

18,95

Editorial:
XERAIS

Idioma:
GLG

Páginas:
104

Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO

SKU: 9788491214526 Categoría:

Ficha técnica

Editorial
Xerais
ISBN
9788491214526
Idioma
Galego
Páginas
104
Encuadernación
Libro en otro formato
Disponibilidad
Disponible

Foi precisamente na rúa Joaquín Loriga, unha das máis empinadas de Vigo, onde o catro de abril de 1985 aquel meu vello Renault 8 decidiu suicidarse da maneira máis elegante que poidades imaxinar. Así comeza Tres pintores, a obra coa que Cid Cabido volve á narrativa tras recibir o Premio Ánxel Fole, logo de nove anos de silencio. Contada en primeira persoa, cunha prosa divertida, capitaneada pola ironía, a mordacidade e o coloquialismo, Tres pintores relata as peripecias de dous amigos que unha noite deciden emprender, sen demora e apenas sen cartos, unha viaxe a París a bordo dun vello Renault 8. De fondo, aparece a necesidade urxente de ver mundo que tiñan, nos anos oitenta, uns rapaces que pasaron da militancia clandestina contra o réxime a moverse nos ambientes dunha vida pseudo caralla intelecto bohemio contrariosa. Eles representan, na creación artística e literaria, o que hoxe pode considerarse unha xeración invisible. Co seu xeito tan persoal de entender a narrativa e unha forma de escribir imantada, Cid Cabido ofrécenos a visión crítica dunha época e duns personaxes, se cadra moito máis reais do que poida semellar, tratados con salientable sentido do humor.