Tres fins do mundo
14,00€
Ficha técnica
- Autor
- Mykkänen (Gal) Erkka
- Editorial
- Esplanadi
- ISBN
- 9788412213904
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 88
- Encuadernación
- Rustica
- Disponibilidad
- Disponible
Tres fins do mundo é unha especie de descrición da realidade que nos arrodea feita a partir da deconstrución e a redución ao absurdo. Os relatos breves que compoñen o libro relaciónanse entre eles non só a través dalgún personaxe ou escenario recorrente, senón sobre todo por unha especial concepción do fantástico que subxace ao real e desa mesma realidade cotiá que, illada e habilmente extirpada de todo contexto, toma a senda inequívoca do fantástico. En Tres fins do mundo conviven o macabro, o reflexivo, o surreal, o cotián e o transcendental, todos eles servidos en forma de petiscos que, máis que deixar o lector con mal sabor de boca pola brevidade, fan que no maxín persista un resón disonante moito tempo despois de fechar o libro.
