Tortuga vs. Lebre. O desquite
14,00€
Ficha técnica
- Autor
- David Pintor
- Editorial
- Kalandraka
- ISBN
- 9788413432274
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 40
- Encuadernación
- Tapa dura
- Disponibilidad
- Disponible
Unha divertida e transgresora versión da fábula clásica na que descubrimos a verdadeira razón pola cal a tartaruga gaña a carreira. A lebre e a tartaruga é unha coñecida fábula atribuída a Esopo e posteriormente reescrita por La Fontaine ou Samaniego coa que xeración tras xeración aprendemos que a perseveranza é capaz de vencer a arrogancia. David Pintor xoga con esta narración clásica e proponnos un desenlace diferente e moi divertido no que tanto a perseveranza como a intelixencia xogan un importante papel. As imaxes expresivas e próximas á linguaxe visual do cómic acentúan o sentido do humor deste álbum hilarante.
