Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

Toda a eternidade nun ollar de palabras

Autor:
Xulio Pardo de Neyra

Editorial:
PERUCHELA EDICIONS

Idioma:
GLG

Páginas:
1

Encuadernación:
NULL

Ficha técnica

Autor
Xulio Pardo de Neyra
Editorial
Peruchela edicions
Idioma
Galego
Páginas
1
Encuadernación
Null
Disponibilidad
Disponible

Primeiro estudo monográfico sobre Tareixa e Marica CampoEste libro constitúe a primeira aproximación integral á vida e á obra de Tareixa e Marica Campo, dúas figuras fundamentais da literatura e da cultura galega do século XX. A través dunha investigación que combina a análise literaria, a memoria familiar e a reivindicación social, Xulio Pardo de Neyra recupera a voz de dúas mulleres que foron teatro, poesía, narrativa, ensino e compromiso nun país que moitas veces as ignorou. A obra percorre a súa xenealoxía, o seu contexto histórico e a súa produción literaria, desde as sextinas de Marica ata o teatro e a narrativa de Tareixa, pasando pola súa literatura infantoxuvenil e o seu activismo cultural. O autor sitúa ambas no centro dunha tradición feminina e subversiva, afastada de paternalismos, e reclama para elas o lugar que lles corresponde no canon galego. O volume inclúe: Prólogo da profesora María Pilar García-Negro. Estudo xenealóxico inédito sobre a ascendencia das Campos-Domínguez. Análise pormenorizada das obras principais. Fotobiografía con imaxes do arquivo familiar. Roteiro literario pola súa terra. 564 páxinas que son, ao mesmo tempo, unha homenaxe e un acto de xustiza poética e histórica.