TEXTÍCULOS DRAMÁTICOS E POSDRAMÁTICOS
13,00€
Autor:
Afonso Becerra de Becerrea
Editorial:
LAIOVENTO (IBD)
Idioma:
GLG
Páginas:
134
Encuadernación:
OTRO FORMATO LIBRO
Ficha técnica
- Autor
- Afonso Becerra de Becerrea
- Editorial
- Laiovento (ibd)
- ISBN
- 9788484872375
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 134
- Encuadernación
- Otro formato libro
- Disponibilidad
- Disponible
"Hai neste libro de Afonso Becerra diferentes niveis de lectura, pois contén algo máis que as 10 pezas breves que se anuncian no índice, agrupadas baixo o lema "textículos dramáticos e posdramáticos", que, como tal, xa implica unha vontade clara de polémica, tanto pola filiación "post" que se lles reclama, como pola dimensión "testicular" dos ditos textos, o que supón un indicador preciso do núcleo temático dos mesmos que non é outro que as formas do amor (ou do desamor). Hai xa bastantes anos asistín a unha conversa entre dous coñecidos dramaturgos na que un lle preguntaba ao outro pola temática da súa nova peza, ao que o outro respondía dicindo que trataba do de sempre, "de amor", pois o amor, ou a súa ausencia, sempre está na raíz das historias dos seres humanos, dos grandes relatos e das pequenas lerias que alimentan as nosas vidas. E estes "textículos" de Afonso Becerra latexan coa forza multiforme do amor, como tamén aquel verso demoledor do vello poeta da vella cidade: "Pero turbados los dos nos escondíamos".(Do prólogo de Manuel F. Vieites)"Estes textículos dramáticos e posdramáticos (textos minúsculos) son órganos exentos de testosterona. No que atinxe ás hormonas sexuais, estas partículas, dramáticas e posdramáticas, buscan o difícil xogo de equilibrios e oposicións entre testosterona, estróxeno, oxitocina e outras bioquímicas que pugnan por erguer o corpo e a emoción enriba dese palco teatral que é a vida humana. Textículos dramáticos e posdramáticos é como unha segunda parte daquelas Dramatículas (Laiovento, 2010), e unha homenaxe irónica á expresión empregada algunha vez por Julio Cortázar."(O autor)
