Tarde de sapo
14,00€
Ficha técnica
- Autor
- Maite Mutuberria
- Editorial
- Kalandraka
- ISBN
- 9788413432854
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 44
- Encuadernación
- Tapa dura
- Disponibilidad
- Disponible
Tarde de sapo é un álbum ilustrado divertidísimo cun ritmo narrativo crecente que conduce o lector ata o seu inesperado final. Os seus protagonistas exprésanse dunha forma peculiar, utilizando xogos fónicos e onomatopeas, recursos que apoian a narración e contribúen a dotalos de personalidade. Maite Mutuberria fai uso dunha linguaxe próxima ao cómic, con indicacións de movemento, expresións xestuais, bocadillos e abundantes recursos simbólicos que acentúan o carácter humorístico da proposta. A autora escribe, ilustra e deseña unha proposta que a levou a ser finalista do XVI Premio Compostela e cuxo texto, escrito en letra maiúscula, fai desta obra para prelectores un recurso ideal para os nenos e as nenas que comezan a ler.
