Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

Soren Kierkegaard

3,15€

Autor:
Oscar Parcero Oubiña

Editorial:
BAIA

Idioma:
GLG

Páginas:
136

Encuadernación:
OTRO FORMATO LIBRO

SKU: 9788492630059 Categoría:

Ficha técnica

Autor
Oscar Parcero Oubiña
Editorial
Baia
ISBN
9788492630059
Idioma
Galego
Páginas
136
Encuadernación
Otro formato libro
Disponibilidad
Disponible

Poucos filósofos como Kierkegaard supoñen un reto tan importante cando se trata de escribir unha obriña que sirva de introdución ao seu pensamento. Con Kierkegaard existen condicionantes obxectivos que apoian esta introdución. En primeiro lugar, condicionantes intrínsecos. A obra de Kierkegaard é asistemática. Un traballo como este ten por forza que ser sistemático. Velaquí o primeiro atranco. Cando se trata de presentar o pensamento de Kierkegaard un ten que inventar certa sistematicidade metodolóxica, condenada a acabar sendo retroactivamente criticada, desde, preciasmanteo, o obxecto a ela reducido. Ligado a isto temos que a obra de Kierkegaard é complexa, porque contén moitos elementos, enredados todos en interacción. Cada un require dunha boa dose de paciencia e atención. A complexidade ten que ver coa estrutura múltiple da obra. Moitos escritos distintos, mesmo moitos autores distintos. Canda a estes condicionamentos intrínsecos está un extrínseco que é preciso mencionar. Nuns tempos en que as edicións de Kierkegaard só eran fiábeis practicamente en dinamarqués, estudosos, queréndoo ou sen querelo, colleron a parte que lles interesaba polo todo que ignoraban e voilà: escribiron os primeiros estudos sobre Kierkegaard. Este perfil que se creou en todos nós dificulta seriamente todo traballo de presentación. Respéctase o formato da colección á que se suma o libro, se ben o apartado biografía ten un peso específico maior dada a importancia que a biografía ten na obra kierkegaardiana.