SOBRE A POESÍA ÚLTIMA DE MANUEL MARÍA (1976-1995)
10,00€
Autor:
Manuel López Foxo
Editorial:
LAIOVENTO (IBD)
Idioma:
GLG
Páginas:
94
Encuadernación:
OTRO FORMATO LIBRO
Ficha técnica
- Autor
- Manuel López Foxo
- Editorial
- Laiovento (ibd)
- ISBN
- 9788484872863
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 94
- Encuadernación
- Otro formato libro
- Disponibilidad
- Disponible
Manuel MaríaDespois de don Ramón Otero Pedrayo, a figura máis patriarcal daintelectualidade galega é, sen dúbida ningunha, Manuel María. Esteprolífico escritor e altísimo poeta ocupa un lugar excepcional dentrodas letras galegas, por razóns literarias e extra-literarias. Manuel Maríaé o primeiro poeta mozo que se revela na posguerra, o autor máisfecundo da literatura galega das últimas décadas, unha das personalidadesmáis destacadas da cultura galega actual e o escritor que máisse afirmou no compromiso político co país e que mellor entronca onacionalismo galego de hoxe co galeguismo histórico.Formado culturalmente nun mundo rural que xa desapareceu enas tertulias dos cafés onde poñían cátedra de amor a Galiza os vellosgaleguistas, este autor iniciou a súa obra literaria aos dezanoveanos, cando o idioma galego estaba proscrito, nunha época en quesó o feito de escribir en lingua galega era xa un acto subversivo.Así, baixo o enorme lousón da ditadura franquista, foron nacendoos seus libros de poesía, narración e teatro, os recitais poéticos portodo o país e fóra de Galiza, os seus ensaios e as súas múltiplesconferencias e colaboracións xornalísticas, converténdose moi axiñana voz máis representativa da Xeración dos 50 e nun dos poetas galegosmáis importantes deste século. Tamén, pouco a pouco, o escritorvai asumindo un maior compromiso político coa súa nación,sendo un dos mozos que rompe co piñeirismo e que participa activamentedesde os anos sesenta na reorganización do nacionalismo,chegando incluso a ser concelleiro e candidato ao Senado.
