SHANGHAI A BARCELONA
17,95€
Autor:
Amador Castro Moure
Editorial:
XERAIS
Idioma:
GLG
Páginas:
200
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Ficha técnica
- Autor
- Amador Castro Moure
- Editorial
- Xerais
- ISBN
- 9788491215929
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 200
- Encuadernación
- Libro en otro formato
- Disponibilidad
- Disponible
Orlando viviu na súa propia pel o trauma de ser «segado» da aldea cando tiña catro anos para marchar á emigración a Barcelona, onde conforma a súa vida. Pero a idea de paraíso nunca desaparece. E, non obstante, a aldea, vencida e despoboada, pouco ten que ver co paraíso. " Shanghai a Barcelona " é unha novela situada nun non-lugar literario que enfronta os espazos urbanos «especialmente a cidade de Barcelona» co máis esquecido e abandonado rural galego, logrando crear unha atmosfera abafante que se vale dos haikus para reforzar o seu carácter simbólico. O autor xoga coa intriga dos graves acontecementos que sucederon no ámbito das amizades do protagonista, pero tamén coa psicoloxía dos personaxes e co trauma do desarraigamento, fiando, con ese obxectivo, diversas voces narrativas. " Shanghai a Barcelona " é unha novela corrosiva, irónica, con diálogos brillantes e retranqueiros, que non esquecen o esbozo da migración galega a Cataluña.
