Settecento
20,50€
Autor:
Marcos Calveiro
Editorial:
XERAIS
Idioma:
GLG
Páginas:
192
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Ficha técnica
- Autor
- Marcos Calveiro
- Editorial
- Xerais
- ISBN
- 9788499140841
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 192
- Encuadernación
- Tapa blanda o bolsillo
- Disponibilidad
- Disponible
O badaleo de todos os campaniles de Venecia resoa en canles e pazos da Serenísima República unha mañá do ano de 1739 e, coma nun teatro barroco, álzase o pano deste melodrama para música no que todos os personaxes semellan agochar sentimentos e intencións tras unha branca máscara de Entroido. Baixo a atenta ollada dun alado león de mármore, Antonio Vivaldi prepara a estrea da súa nova opera, quizais a súa derradeira oportunidade de acadar o éxito de antano, mentres procura por un stradivarius perdido que moitos anos máis tarde escoitaremos nos oficios da catedral de Santiago. E, no celme harmónico deste prodixioso instrumento e nas habelenciosas mans do seu intérprete, onde fica o segredo dunha historia de culpa e redención, de amor e desexo, de loita e resignación, de fulgor e decadencia. Quizabes distintas notas para unha melodía arreo repetida na partitura das nosas vidas. Settecento é un intrigante e vertixinoso relato que confirma a Marcos Calveiro como un dos novelistas primeiros do noso tempo.
