SERÁ CORRECTO?
15,00€
Autor:
Concha Blanco, María Canosa
Editorial:
HERCULES EDICIONES
Idioma:
GLG
Páginas:
88
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Ficha técnica
- Autor
- Concha Blanco, María Canosa
- Editorial
- Hercules ediciones
- ISBN
- 9788494650239
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 88
- Encuadernación
- Libro en otro formato
- Disponibilidad
- Disponible
Teño que erguerme cando me presentan a alguén? Podo apoiar os antebrazos na mesa cando estou comendo? Pode acompañarme meu pai a unha entrevista de traballo? Que levo como agasallo se me convidan a comer nunha casa? Todas estas cuestións e moitas máis teñen a súa resposta en Será correcto?;unha guía divertida e sinxela, de fácil lectura e manexo e que seguramente axudará a sacar ao lector de máis dun apuro. Na vida cotiá da maioría das persoas, encontrámonos ante diversas situacións que nos presentan dú- bidas e que resolvemos como podemos, pero descoñecemos se foi aquela a maneira máis axeitada de facelo. Non obstante, saber como hai que comportarse tampouco é difícil e achega moita seguridade. Será correcto? está pensado para que o consulten adultos, pais, docentes... pois a falta dos bos modais é motivo de preocupación para estes últimos. Pero tamén está orientado aos nenos, xa que temos claro que é mellor aprender bos modais de pequenos. Será correcto? non é un libro típico de protocolo, nin polo contido -non esperen atopar aquí como debemos vestirnos para a alfombra vermella-, nin polo seu deseño, con desenfadadas ilustracións que nos invitan a achegarnos ao mundo dos bos modais dun xeito divertido.
