RED LION
16,45€
Autor:
María Alonso Alonso
Editorial:
GALAXIA
Idioma:
GLG
Páginas:
140
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Ficha técnica
- Autor
- María Alonso Alonso
- Editorial
- Galaxia
- ISBN
- 9788491513582
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 140
- Encuadernación
- Libro en otro formato
- Disponibilidad
- Disponible
Lolita Dinamita iluminou a cicatriz que atravesaba o seu rostro cun sorriso de satisfacción cando se decatou de que CaraDeTolo enviara un dos seus para facerse co control da venda de droga na zona. Sabía que chegara o momento que tanto esperara. Acompañada por un grupo de malnacidos, cuxas vidas xa viñan arruinadas de serie, Lolita Dinamita volve a un pasado que doe, a un lugar en estado de excepción onde se practica todo tipo de abusos de xeito sistemático e baixo a máis total e absoluta das impunidades. Red Lion lévanos a unha cidade calquera, a un arrabaldo onde emerxe o lado máis miserento da sociedade durante as vertixinosas horas en que unha muller decide darlle un envorco á súa vida para tomar a vinganza pola súa man. Centos de vidas truncadas, milleiros de historias silenciadas, corpos aldraxados, espíritos violentados. Morte, corrupción, vicio. A cara máis escura da humanidade quedara oculta baixo un limoeiro no patio traseiro do que no seu día fora un dos lugares máis famosos do país.
