Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

Quebracabezas

16,00

Autor:
Diego Bianki

Editorial:
KALANDRAKA

Idioma:
GLG

Páginas:
56

Encuadernación:
TAPA DURA

SKU: 9788484649960 Categoría:

Ficha técnica

Autor
Diego Bianki
Editorial
Kalandraka
ISBN
9788484649960
Idioma
Galego
Páginas
56
Encuadernación
Tapa dura
Disponibilidad
Disponible

Pulgas, cans, parrulos, papagaios, gatos, moscas, coellos... viven con nós xunto con milleiros de animais e de persoas. Se contamos os que viven no ceo e máis aló das nubes, no espazo, parece como se non houbera unha cifra na que puidésemos caber todos, como se cada parte dese inmenso número fose unha peza dun quebracabezas infinito. Mais, aínda que sexamos tantos e parezamos tan distintos, hai algo no que somos iguais: TODOS SOMOS DIFERENTES. E aínda que non haxa un número no que caibamos, hai unha palabra na que si nos podemos atopar: NÓS. "Recuperar, reciclar e reutilizar" é o lema do autor á hora de abordar o proceso artístico deste libro. Cun enfoque orixinal, utilizando caixas de cartón, pintadas e encaixadas coma un quebracabezas, Diego Bianki crea un mundo de diferentes identidades que, á súa vez, se interrelacionan. Con este sinxelo antídoto lúdico contra a discriminación e a exclusión, Diego Bianki invita os lectores a xogar e a experimentar, a seguir sumando novas combinacións para que cada quen constrúa o seu propio catálogo de identidades infinitas, facendo este quebracabezas cada vez máis grande.