POR QUE?
16,00€
Ficha técnica
- Autor
- Nikolai Popov
- Editorial
- Kalandraka
- ISBN
- 9788484643678
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 176
- Encuadernación
- Tapa dura
- Disponibilidad
- Disponible
A senrazón da guerra, a violencia, a vinganza, a devastación e a morte asómanse en toda a súa crueza ás páxinas deste libro visual;unha fábula que comenza coa bucólica estampa dunha ra gozando do arrecendo dunha flor, ata a irrupción dun rato que a ataca para quitarlla. Xorde daquela unha loita entre dous bandos cada vez máis numerosos en individuos e medios bélicos que dá lugar a emboscadas e bombardeos. Dun prado florido, a un lugar desolado;dunha minucia, a un gran conflicto sen ter mediado nin unha soa palabra.
