Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

Poesía

25,45

Autor:
Ramón Otero Pedrayo

Editorial:
GALAXIA

Idioma:
GLG

Páginas:
364

Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO

SKU: 9788498652963 Categoría:

Ficha técnica

Autor
Ramón Otero Pedrayo
Editorial
Galaxia
ISBN
9788498652963
Idioma
Galego
Páginas
364
Encuadernación
Tapa blanda o bolsillo
Disponibilidad
Disponible

A obra poética de Ramón Otero Pedrayo é unha obra rica e multiforme. Escritos entre 1925 e 1975, dos noventa e cinco poemas incluídos en Poesía, algúns moi extensos, vinte e cinco son inéditos. O libro recolle tamén poesía en castelán e poemas traducidos doutras linguas coma o latín, o francés e o alemán. Así e todo, e como advirte Alonso Montero na introdución, o volume "non ofrece a obra poética completa" de Otero Pedrayo aínda que recolla a totalidade dos poemas éditos e unha boa parte dos inéditos, pois non se inclúen poemas incompletos, ou en fase de borrador, do que é un corpus poético de manuscritos certamente grande. Trátase dunha compilación "representativa, no esencial, de Ramón Otero Pedrayo como poeta" xa que, como afirma Alonso Montero, "os textos que se exhumen no futuro limitaranse a reforzar e ampliar a figura e os acordes que o presente volume ofrece da súa poesía". Poesía como celebración e homenaxe, como meditación diante da paisaxe;versos goliardescos e de amizade arrequentados polo galego esplendoroso e inesgotable do seu autor. Por primeira vez publícase reunida nun volume a obra poética de Ramón Otero Pedrayo, en edición de Xesús Alonso Montero, libro no que se recollen tanto poemas éditos coma inéditos do autor de "Bocarribeira".