Pelos e plumas
15,00€
Ficha técnica
- Autor
- Mercè Galí
- Editorial
- Kalandraka
- ISBN
- 9788413434223
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 8
- Encuadernación
- Otro formato libro
- Disponibilidad
- Disponible
Un libro de tea diferente para coñecer os animais da granxa. Pelos e plumas é un libro de tea perfecto para iniciar o hábito da lectura e fortalecer o vínculo co bebé a través da observación e do xogo. Un formato ideal para estimular a curiosidade, a adquisición da linguaxe e a imaxinación de maneira lúdica e próxima ao tempo que se adquire un vocabulario básico relacionado coa vida na granxa. As ilustracións sinxelas e atractivas de Mercè Galí mostran algúns dos animais máis coñecidos e próximos -o can, a gata, o galo, o coello...-, compartindo escena cun elemento vexetal que axuda a relacionar esta proposta con Aletas e burbullas, libro publicado ao mesmo tempo e dedicado ás especies mariñas. En ambos os casos, o deseño coidado e orixinal diferénciaos doutras propostas para estas idades. Un formato seguro e duradeiro, confeccionado en tea lavable e resistente que se presenta nunha atractiva caixa de cartón ideal para regalar.
