Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

Os xigantes no Morgante

14,00

Autor:
María Cristina González Piñeiro

Editorial:
RINOCERONTE EDITORA S.L.

Idioma:
GLG

Páginas:
126

Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO

SKU: 9788415166344 Categoría:

Ficha técnica

Autor
María Cristina González Piñeiro
Editorial
Rinoceronte editora s.l
ISBN
9788415166344
Idioma
Galego
Páginas
126
Encuadernación
Tapa blanda o bolsillo
Disponibilidad
Disponible

Il Morgante Maggiore de Luigi Pulci considérase unha auténtica epopea de xigantes pola avultada presenza destes seres na obra. En efecto, entre os diferentes representantes do marabilloso, os xigantes son os que contan coa maior presenza e número ao longo deste poema e posúen, á sombra de Morgante, unha certa relevancia, maior ou menor segundo os casos. Mentres que os estudosos se centraron eminentemente na comicidade da obra de Luigi Pulci, na natureza e función das súas fontes -especialmente a vexata quaestio do Orlando laurenziano- ou a interpretación do personaxe de Morgante, outros aspectos posibles de estudo quedaron relegados e só se viron beneficiados ou incluídos polos avances da crítica subsidiariamente e en tempos recentes. E o caso dos xigantes secundarios, cuxa relevancia se desvela a través de tres focos principais de análise: a súa morfoloxía física e caracterial, facendo fincapé na súa natureza demoníaca;a cuestión alimentaria, que vai dende a celebración do exceso carnavalesco á abominable antropofaxia;e, por último, a súa función na trama narrativa e a diversa tipoloxía que podemos discernir recorrendo ao contraste con outras tradicións europeas no eido do marabilloso. Máis concretamente, a tradición francesa presenta un especial interese debido á enorme influencia que exerceu na literatura italiana medieval;o estudo desta influencia no caso puntual do Morgante ofrece novas e interesantes perspectivas na análise dos xigantes na obra mestra de Luigi Pulci.