Os restos do franquismo en Galiza
29,95€
Autor:
Manuel Monge González
Editorial:
LAIOVENTO (IBD)
Idioma:
GLG
Páginas:
380
Encuadernación:
OTRO FORMATO LIBRO
Ficha técnica
- Autor
- Manuel Monge González
- Editorial
- Laiovento (ibd)
- ISBN
- 9788484874737
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 380
- Encuadernación
- Otro formato libro
- Disponibilidad
- Disponible
Nun primeiro inventario, este libro pon de manifesto que aínda quedan en Galiza sobre 600 símbolos franquistas en 87 concellos: rúas, retratos, placas, esculturas e todo tipo de distincións que exaltan, honran e distinguen golpistas, franquistas e criminais. Fundacións franquistas;malfeitores e servidores da ditadura son premiados con títulos nobiliarios;a familia Franco conserva propiedades que roubou e recibe todo tipo de privilexios;policías torturadores conservan as medallas e incrementan a súa pensión pola actividade criminal na ditadura franquista. Todo isto xa foi denunciado en numerosas ocasións por organizacións internacionais e comisións de dereitos humanos da propia ONU, sen que esas denuncias fosen atendidas polo goberno. A permanencia da simboloxía franquista é unha exaltación das persoas que participaron en 1936 no golpe de Estado contra a República e das que formaron parte dos gobernos da ditadura, colaboraron ou ocuparon cargos de responsabilidade nas distintas institucións do franquismo.
