Os irmáns de América
19,90€
Autor:
Prudencio Viviero Mogo
Editorial:
LAIOVENTO (IBD)
Idioma:
GLG
Páginas:
208
Encuadernación:
NULL
Ficha técnica
- Autor
- Prudencio Viviero Mogo
- Editorial
- Laiovento (ibd)
- ISBN
- 9788484875420
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 208
- Encuadernación
- Null
- Disponibilidad
- Disponible
En setembro de 1907 un grupo de emigrantes do Valadouro e de Alfoz na Habana crearon a sociedade El Valle de Oro. O obxectivo principal desta entidade era edificar escolas e mellorar a instrución nos concellos de Alfoz e O Valadouro. Entre 1921 e 1933 esta sociedade inaugurou catro edificios escolares, axudando tamén economicamente á construción doutras escolas e á dotación das mesmas. Non obstante, ademais do obxectivo escolar, outras foron as angueiras de El Valle de Oro: a mellora das igrexas e a axuda ao agro estiveron tamén entre as súas misións.Este libro pretende seguir as pistas deste labor a través das pegadas que deixou na prensa. Nas primeiras décadas do século XX a emigración formaba parte da paisaxe cotiá de Galiza. Porén, agás excepcións, a imaxe que chegou a nós da emigración é basicamente negativa. Neste traballo arredámonos desta percepción, para considerarmos a emigración galega -a través do caso do Valadouro- como un proceso histórico que achegou moitas oportunidades para Galiza, axudando á súa modernización e mesmo á súa construción nacional.
