O TRAPECISTA DA MALLA DE ROMBOS
17,50€
Autor:
Alberto Canal
Editorial:
XERAIS
Idioma:
GLG
Páginas:
216
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Ficha técnica
- Autor
- Alberto Canal
- Editorial
- Xerais
- ISBN
- 9788491213024
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 216
- Encuadernación
- Libro en otro formato
- Disponibilidad
- Disponible
Con dez anos acabados de cumprir, Iupanki soña con converterse no trapecista principal do Circo de los Muchachos. Mais todo se volve na súa contra. Cando coñece a nación de Benposta, o país utópico onde reside a escola do circo e os nenos son quen gobernan, atópase con xente estraña que quere destruír o soño que axudaron a erguer cativos de diferentes partes do mundo. O neno Iupanki, aguilloado polo amor que comeza a sentir pola contorsionista Nuna, decide entón embarcarse na aventura de salvar o circo das gadoupas dos poderosos para asegurar que os artistas da malla de rombos poidan seguir levando a maxia do circo a todos os recunchos do planeta. Baixo a mirada inocente e soñadora dun neno, " O trapecista da malla de rombos " rende homenaxe á utopía que se fixo realidade en Benposta, a cidade dos rapaces. Un proxecto nacido do compromiso e a ilusión, que pasou a formar parte da memoria colectiva de varias xeracións.
