Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

O spleen de París

14,96

Autor:
Charles Baudelaire

Editorial:
LAIOVENTO (IBD)

Idioma:
GLG

Páginas:
114

Encuadernación:
NULL

SKU: 9788484875185 Categoría:

Ficha técnica

Autor
Charles Baudelaire
Editorial
Laiovento (ibd)
ISBN
9788484875185
Idioma
Galego
Páginas
114
Encuadernación
Null
Disponibilidad
Disponible

Ao percibir que o poema versificado non lle permitía alcanzar a verdadeira modernidade poética, Baudelaire interesouse polo poema en prosa. Lembrando a Aloysius Bertrand e o seu Gaspard La Nuit, intentou «facer algo parecido, e aplicar á descrición da vida moderna, ou mellor dito dunha vida moderna e máis abstracta, o procedemento que el aplicara para retratar a vida antiga, coas súas rarezas tan pintorescas». Para realizar esta «tarefa», o poeta soñou «co milagre dunha prosa poética, musical pero sen ritmo nin rima, suficientemente flexible e contrastada como para poder adaptarse aos movementos líricos da alma, ás ondulacións do soño, aos sobresaltos da conciencia». Eses intentos deron como obra unha serie de poemas en prosa que apareceron en diversos xornais e revistas e que Baudelaire quixo reagrupar baixo o título de Spleen de París. Con estes «pequenos poemas en prosa», o poeta afonda tanto na cidade moderna, da que é o primeiro en tirar a poesía, como no seu «vómito confuso», revelando unha escrita pasional e intensa destinada a revolucionar a literatura poética.O poeta francés, retoma nestes poemas en prosa temas d'As flores do mal, como se quixera reformulalos para mergullar o lector no misterio da creación: o spleen (O reloxo), o ideal (Xa?), a muller (Retratos de amantes) e a morte. E o lector galego ten nas mans este libro de Baudelaire, traducido por Xela Arias, unidos, non só pola poesía, senón por ser ambos, seguindo a Pierre Bourdieu, unha sección autónoma da poesía francesa e da poesía galega, respectivamente.