Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

O segundo sexo II

33,50

Autor:
Simone de Beauvoir

Editorial:
XERAIS

Idioma:
GLG

Páginas:
744

Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO

SKU: 9788499140957 Categoría:

Ficha técnica

Autor
Simone de Beauvoir
Editorial
Xerais
ISBN
9788499140957
Idioma
Galego
Páginas
744
Encuadernación
Tapa blanda o bolsillo
Disponibilidad
Disponible

Coa publicación desta segunda entrega d' O segundo sexo culmínase felizmente o proxecto de ofrecer en galego unha obra clave para entender o universo das mulleres e as coordenadas do feminismo, ao tempo que as nosas letras se enriquecen cun texto fundamental para a humanidade que xerou, despois de sesenta anos da súa aparición, unha rede de pensadoras e activistas que transcende xeracións, clases e países. Neste volume, «A experiencia vivida», Simone de Beauvoir analiza a situación de opresión que viven as mulleres na sociedade. Na primeira parte, «Formación», estuda a infancia, a adolescencia, a mocidade e a iniciación sexual;incorporando o lesbianismo. Continúa na segunda, «Situación», analizando varios aspectos da figura adulta femenina, como a muller casada, a nai, a vida social, a prostitución, a madurez e a vellez. Prosegue na terceira, «Xustificacións», abordando diferentes actitudes das mulleres, retratando á «narcisista», á «namorada» e á «mística». Finaliza, na derradeira parte da obra, «Cara á liberación», propoñendo no seu único capítulo, «A muller independente», as dúas vías que teñen as mulleres para saír da súa situación de opresión, sen obviar as dificultades que atoparán nesa loita: a independencia económica como presuposto de calquera otra emancipación legal, social ou xurídica e a loita das mulleres como colectivo consciente da súa opresión.