O Segredo da Pedra Figueira
14,90€
Autor:
María Xosé Queizán
Editorial:
XERAIS
Idioma:
GLG
Páginas:
120
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Ficha técnica
- Autor
- María Xosé Queizán
- Editorial
- Xerais
- ISBN
- 9788499142142
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 120
- Encuadernación
- Tapa blanda o bolsillo
- Disponibilidad
- Disponible
Lazo, unha rapaza de doce anos, emprende viaxe coa súa tribo dos Amala desde a illa de Rocasul cara ao Sur. No barco, a avoa Sensatanai cóntalle a historia dos terroríficos Lurpios, que botaran a tribo da illa de Tule por atopar unha espada coa que mataron o Gran Dragón. Na perigosa travesía avistan a Caverna dos Tesouros, que arrastra o barco ata que se desprenden de todas as xoias e amuletos, podendo logo continuar camiño co mar embravecido e néboa. Entran pola Costa da Morte e aínda que non baten coa nave pirata dos terribles Pindos, as mulleres da Illa Lobeira atraen aos homes, devorando algúns ao chegar a noite, cando se converten en lobas. Chegan por fin a Findasol, cidade á que acoden peregrinos de todo o mundo para ver morrer o sol no mar. Pero os habitantes de Tule non se afacían á cidade e instaláronse en chouzas no campo. Camiñando polo monte, Lazo atopou un día tres pedras, escoitou unha palabra tres veces e abríuselle unha cámara onde estaba unha vella vellísima: é a Custodiante do Segredo da Pedra Figueira, que contén a Sabedoría e todo o Ben. Proponlle que ela sexa a súa sucesora e viva alí illada custodiando a pedra e feliz coñecendo a Verdade. Pero ela prefire vivir a vida coas súas xentes. Aprendeu a labrar a terra e pescar e ás veces fica abstraída, porque sabe un segredo: o da Pedra Figueira. O segredo da pedra figueira é, ao mesmo tempo, relato iniciático, parábola contra o poder e evocación de certos aspectos da nosa xeografía, historia e mitoloxía.
