Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

O sabre do francés

20,45

Autor:
Miguel Anxo Fernández Fernández

Editorial:
GALAXIA

Idioma:
GLG

Páginas:
228

Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO

SKU: 9788498654233 Categoría:

Ficha técnica

Autor
Miguel Anxo Fernández Fernández
Editorial
Galaxia
ISBN
9788498654233
Idioma
Galego
Páginas
228
Encuadernación
Tapa blanda o bolsillo
Disponibilidad
Disponible

Trece relatos que pretenden recuperar o mellor espírito da narrativa histórica, de aventuras e fantástica. Cunha imaxe de cuberta realizada especialmente para esta edición polo pintor Saúl Otero. Nestes relatos con forza e con ritmo, as imaxes encadéanse en secuencias case cinematográficas, ao tempo que narran, en intensas peripecias, a dramática loita dos galegos contra as tropas napoleónicas na Afrancesada de 1809. Trátase, segundo a crítica, dunha achega orixinal e afortunada a un período da historia de Galicia pouco explorado pola narrativa. En O sabre do francés, o creador da serie do detective Frank Soutelo achégase ao relato histórico combinándoo por veces coa narración de aventuras e fantástica. Moitas das historias aquí reunidas xurdiron a partir de feitos reais recollidos por cronistas e historiadores, e mesmo conservados na tradición oral, sobre todo nas comarcas do Carballiño e do Ribeiro, aínda que a presenza dos invasores franceses por toda Galicia, entre xaneiro e xuño de 1809, espalla a acción dos relatos ao longo de todo o país.Dez anos despois da primeira edición, Galaxia volve publicar O sabre do francés nunha nova edición corrixida e ampliada polo seu autor, Miguel Anxo Fernández. Inclúese un relato inédito, 'A negativa do dragón Emeri Vendermot', e incorpórase 'O sangue dos Cortiña', anteriormente publicado en volume exento.