Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

O que estou a dicir cando digo «Altri non».

14,96

Autor:
Xosé de Cea

Editorial:
LAIOVENTO (IBD)

Idioma:
SPA

Páginas:
96

Encuadernación:
NULL

SKU: 9788484877226 Categoría:

Ficha técnica

Autor
Xosé de Cea
Editorial
Laiovento (ibd)
ISBN
9788484877226
Idioma
Español
Páginas
96
Encuadernación
Null
Disponibilidad
Disponible

Dende que se soubo que a multinacional portuguesa Altri e a galega Greenalia escolleran o concello de Palas de Rei para construír a fábrica de celulosa soluble máis grande de Europa, miles de persoas rebeláronse contra un proxecto que ameaza non só a comarca da Ulloa, senón o conxunto da nosa terra. Especialistas de diversas disciplinas científicas están a advertir sobre os efectos catastróficos que esta actividade industrial tería en ámbitos como a economía, a saúde ou o medio ambiente. Mais, até agora, ninguén se parou a analizar o magma que ferve na enxurrada de indignación que está a percorrer Galiza enteira. Isto quizais se deba a que ese pulo é tan persoal e de cadaquén que nunca se poderá elevar á categoría de verdade universal nin servirá para soster argumentos obxectivos.Agora, co presente ensaio, Xosé de Cea, escritor con raíces palenses e melidao de padrón, aborda a problemática dende unha perspectiva radicalmente emocional e subxectiva. Para facelo, tira de memoria, andainas, lecturas, sentimentos e intuición coa arela de tecer unha trama de reflexións arredor do que supón este novo despropósito empresarial para un habitante da Terra do Medio, ademais de tentear as actitudes que cómpre esgrimir para enfrontalo.