O monstro das palabras
12,50€
Autor:
María Reimóndez
Editorial:
XERAIS
Idioma:
GLG
Páginas:
128
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Ficha técnica
- Autor
- María Reimóndez
- Editorial
- Xerais
- ISBN
- 9788499140513
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 128
- Encuadernación
- Tapa blanda o bolsillo
- Disponibilidad
- Disponible
Alba e Lela chegan unha miga máis tarde á escola e atópanse con que xa están sentados todos os nenos e nenas, mais ninguén fala;están como aparavados, só tatexan unhas palabras sinxelas. Nese momento chega a mestra, que axiña entende que ocorre e lles di que todo indica a chegada do monstro, un monstro que ela xa coñece porque estivo outras veces no seu lugar. Ante o abraio das nenas, a mestra descóbrelles que, en realidade, ela non é unha persoa "normal", que ten centos de anos, é que unha gardadora de palabras. O monstro das palabras, novela de María Reimóndez, ilustrada por Iván Sende, propón aos lectores e lectoras de once anos en diante baixo a forma dun relato de intriga e aventura unha reflexión sobre o valor do patrimonio da lingua propia (o maior tesouro dos pobos) e a necesidade de defendela dos que a atacan. "A lingua é un ser vivo e está vivo nas bocas cando falamos e nos nosos cerebros cando pensamos" escribe unha das protagonistas desta novela de gran actualidade.
