O misterio das zocas
12,95€
Ficha técnica
- Autor
- Ramón Caride
- Editorial
- Xerais
- ISBN
- 9788411106504
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 128
- Encuadernación
- Otro formato libro
- Disponibilidad
- Disponible
María, Frida, Nursa e Xeria, as catro músicas ambulantes que cantan en feiras, festas e romarías, vense implicadas nun estraño misterio. Unhas zocas moi noviñas, penduradas no alto das árbores, semellan querer avisalas de algo importante. O novo camiño que empezarán deste xeito vainas levar a viaxes inesperadas, perigos mortais, feitizos insólitos, dilemas vitais e probas asombrosas que as mudarán para sempre. Nada resultará ser o que pensaban, mais elas non se acovardan. Nesta historia hai contos familiares, hai contos descoñecidos e hai contos revirados. E tamén cantos e cantigas. As mozas desta historia non agardan que veña ningún príncipe a salvalas, porque elas saben defenderse soas.
