Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

O coloso de Marusi

19,95

Autor:
Henry Miller

Editorial:
LAIOVENTO (IBD)

Idioma:
GLG

Páginas:
236

Encuadernación:
OTRO FORMATO LIBRO

SKU: 9788484876908 Categoría:

Ficha técnica

Autor
Henry Miller
Editorial
Laiovento (ibd)
ISBN
9788484876908
Idioma
Galego
Páginas
236
Encuadernación
Otro formato libro
Disponibilidad
Disponible

Tradución do inglés de María Alonso Seisdedos.«Na terraza elevada de Amarusio, mentres a luz dos outros mundos empezaba a perder o brillo, captei a vella e a nova Grecia na súa suave translucidez e así se conservan ambas na miña memoria. Decateime nese instante de que non hai nin vella nin nova, só Grecia, un mundo concibido e creado a perpetuidade. O home que falaba deixara de ser de tamaño e proporcións humanas, convertérase nun coloso cuxa silueta se esfumaba para diante e para atrás co roncar grave e rítmico das súas oracións narcóticas.»En xullo de 1939, tras vivir nove anos en París e ante a ameaza da inminente invasión de Francia pola Alemaña nazi, Henry Miller acepta o convite do seu amigo Lawrence Durrell e, tras unha breve excursión pola Dordoña, parte para Corfu, Grecia, onde este reside. Ata o 27 de decembro dese mesmo ano, cando regresa aos Estados Unidos por orde das autoridades norteamericanas, percorrerá o país e entrará en contacto coas súas xentes, establecendo lazos duradeiros de amizade entre outros co poeta Geórgios Seferiadis e o espléndido narrador oral George Katsimbalis.O coloso de Marusi, escrito en 1940 en Nova York, é un diario inclasificable desa descuberta de Grecia e dos gregos, unha mestura de reflexións e descricións (de persoas e paisaxes), entre o poético e o prosaico, salpicado, por contraste, de críticas feroces a todo o que o autor detesta do seu país, e que suscitará en quen o lea hoxe fascinación e sen dúbida tamén, nalgunha pasaxe concreta, rexeitamento, pero, sobre todo, é unha lectura que deixa pouso vivo e fermentable