NÚMEROS VERMELLOS
15,90€
Autor:
Ana Fontela
Editorial:
GALAXIA
Idioma:
SPA
Páginas:
128
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Ficha técnica
- Autor
- Ana Fontela
- Editorial
- Galaxia
- ISBN
- 9788491513001
- Idioma
- Español
- Páginas
- 128
- Encuadernación
- Libro en otro formato
- Disponibilidad
- Disponible
Este é o debut literario de Ana Fontenla, un montón de relatos, textos, poemas, monólogos, diálogos, excursións lingüísticas? para abordar unha vida en permanentes números vermellos. Mais non estamos a falar, só, de economía, que tamén, senón de todas as anemias que trae consigo a precariedade, a incerteza, a dúbida, as leas da vida moderna para alguén que quere abrirse camiño no traballo, no amor, na procura da propia identidade feminina. A través dunha narradora que se converte en protagonista retrátase unha sociedade, a nosa, fragmentada, difícil, moitas veces desesperanzada, sobre todo para a xente máis nova. Un libro cheo de triplos saltos mortais dunha escritora que nos interpela e pregunta con canonazos enviados directamente á liña de flotación das nosas conciencias. E con moito humor. Que non falte. Xa que estamos en números vermellos.
