Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

NOVAS CRÓNICAS DUNHA TRANSICIÓN INTRANSIXENTE (1977-1988)

14,00

Autor:
Manuel Lueiro Rey

Editorial:
LAIOVENTO (IBD)

Idioma:
GLG

Páginas:
126

Encuadernación:
OTRO FORMATO LIBRO

SKU: 9788484873198 Categoría:

Ficha técnica

Autor
Manuel Lueiro Rey
Editorial
Laiovento (ibd)
ISBN
9788484873198
Idioma
Galego
Páginas
126
Encuadernación
Otro formato libro
Disponibilidad
Disponible

Imponse trazar unha liña unívoca, bidireccional, entre as prosas ou cró¬nicas que viron a luz en El País pontevedrés ata as contidas en Crónicas de una transición intransigente e que, sen dúbida, se estenden até as compiladas neste libro pois o humus que as sustentan é idéntico: escrita entendida como intervención pública, como medio de evidenciar aquilo que resulta máis palmario nunha dirección que asume os presupostos ideolóxicos da esquerda e do marxismo, como precisa e necesaria esi¬xencia persoal para reivindicar a propia esencia da liberdade creativa e de opinión que, no seu caso, supón, un indiscutible retorno ás raigames da concepción do que é o xornalismo para el, isto é, un exercicio dominado pola filosofía da subversión, pola oposición aos desmáns do poder, polo desexo de converterse nun medio de coñecemento e de difusión dos valores da xustiza e da solidariedade. [...]Ao meu xuízo, o máis interesante destas prosas é sempre ese arrecen¬do de inconformismo cos tempos que vive e que expón desde unha dia¬léctica extraordinaria, sen deixar de recorrer ás veces ao exabrupto para axitar conciencias. Lueiro sempre di todo explicitamente: mostra o seu desacordo coa dirección que colleron as cousas desde a reforma política, amosando unha seria e sustentada desconfianza respecto do rumbo que ían adquirindo tanto a situación política galega como a española. (Do prólogo de Ramón Nicolás)