Nómades
21,30€
Ficha técnica
- Autor
- Xosé Tomás Díaz Teijo
- Editorial
- Galaxia
- ISBN
- 9788498653922
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 80
- Encuadernación
- Tapa dura
- Disponibilidad
- Disponible
As mulleres de NOMADES son persoas que o arriscan todo para cruzar o mar polo futuro dos seus fillos;mozas e mozos que se prostitúen para enviar diñeiro á casa, coa aceptación tácita das súas familias, que "non preguntan";mulleres que adquiren unha cualificación profesional e académica e que chegan a situarse comodamente na sociedade, pero sen que por iso sexan de todo aceptadas;anciás que se equivocan ao emigrar, porque xa é tarde para acadar a integración;empregadas do fogar sen papeis que non inspiran nin mágoa, porque son, no fondo, un problema económico e legal;e nenas que se integran, que se abren camiño con normalidade na nova sociedade e borran toda pegada dun pasado de dor e indefensión.Literatura e debuxo danse a man neste libro fermosamente traballado polas artistas mans de Xosé Tomás, de tal maneira que se converte nunha experiencia estética completa.
