Noite de voraces sombras
13,50€
Disponible
Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá o inquietante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de caligrafía apertada e unha selecta biblioteca que a levarán a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor entre dous mestres republicanos, que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra. Noite de voraces sombras, a nova novela de Agustín Fernández Paz, aborda un tema que hoxe está en primeiro plano, como é a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a posguerra, así como a necesidade de que as novas xeracións descubran esa realidade, porque non se poderá construír nada auténtico sobre a desmemoria. Ademais disto, Noite de voraces sombras aborda outras cuestións de non menor importancia: como a presencia permanente do misterio nas nosas vidas, encarnado na trama nunha estrańa presencia fantasmal no cuarto da protagonista; e da ambigüidade como xeito de enfrontarse aos acontecementos, que obriga ao lector a dubidar entre se todo é real ou se todo é froito da subxectividade da protagonista. Despois da publicación de Aire negro, unha novela de amor e terror que obtivo unha grande acollida do público e da crítica, foi “Premio Protagonista Jove”, outorgado polos lectores cataláns, e incluída nas Lista de Honra do IBBY e do White Ravens da Biblioteca de Munich, Agustín Fernández Paz ofrece, coa súa característica mestría narrativa, unha obra na que aborda a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a amarga posguerra. Unha emocionante novela, onde os sentimentos ocupan un papel moi relevante, sobre a memoria de tantos sońos rotos pola guerra, polo exilio e pola distancia.
Disponibilidad:
– Disponible: El artículo está en stock en nuestra librería. Puedes pasar a recogerlo, o pide envío a domicilio y lo enviaremos antes de 24 horas.
– Disponible – pendiente de recibir stock: El artículo no está en stock, pero podemos recibirlo en pocos días. Si compras un artículo con este estado, el envío se puede demorar entre 2-7 días aproximadamente.
– Agotado: El artículo está agotado y no se puede pedir a través de nuestra web. Si de todas formas quieres que intentemos conseguirlo, escríbenos en el formulario y lo buscaremos. El plazo para recibirlo puede ser más largo, pero te informaremos del estado de tu pedido en todo momento vía email o WhatsApp.
Noite de voraces sombras
13,50€
Disponible
Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá o inquietante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de caligrafía apertada e unha selecta biblioteca que a levarán a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor entre dous mestres republicanos, que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra. Noite de voraces sombras, a nova novela de Agustín Fernández Paz, aborda un tema que hoxe está en primeiro plano, como é a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a posguerra, así como a necesidade de que as novas xeracións descubran esa realidade, porque non se poderá construír nada auténtico sobre a desmemoria. Ademais disto, Noite de voraces sombras aborda outras cuestións de non menor importancia: como a presencia permanente do misterio nas nosas vidas, encarnado na trama nunha estrańa presencia fantasmal no cuarto da protagonista; e da ambigüidade como xeito de enfrontarse aos acontecementos, que obriga ao lector a dubidar entre se todo é real ou se todo é froito da subxectividade da protagonista. Despois da publicación de Aire negro, unha novela de amor e terror que obtivo unha grande acollida do público e da crítica, foi “Premio Protagonista Jove”, outorgado polos lectores cataláns, e incluída nas Lista de Honra do IBBY e do White Ravens da Biblioteca de Munich, Agustín Fernández Paz ofrece, coa súa característica mestría narrativa, unha obra na que aborda a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a amarga posguerra. Unha emocionante novela, onde os sentimentos ocupan un papel moi relevante, sobre a memoria de tantos sońos rotos pola guerra, polo exilio e pola distancia.
Disponibilidad:
– Disponible: El artículo está en stock en nuestra librería. Puedes pasar a recogerlo, o pide envío a domicilio y lo enviaremos antes de 24 horas.
– Disponible para reserva: El artículo no está en stock, pero podemos recibirlo en pocos días. Si compras un artículo con este estado, el envío se puede demorar entre 2-7 días aproximadamente.
– Agotado: El artículo está agotado y no se puede pedir a través de nuestra web. Si de todas formas quieres que intentemos conseguirlo, escríbenos en el formulario y lo buscaremos. El plazo para recibirlo puede ser más largo, pero te informaremos del estado de tu pedido en todo momento vía email.