MILO E LOBERTO
9,95€
Ficha técnica
- Autor
- Gastón Caba
- Editorial
- Cumio
- ISBN
- 9788482895741
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 48
- Encuadernación
- Tapa dura
- Disponibilidad
- Disponible
O novo cómic infantil de Gastón Caba, é un libro cheo de historietas onde coñeceremos a dous novos personaxes que estamos seguros que non vai deixar indiferente a ninguén. A través de Milo (un pequeno morcego cheo de pencas) e do seu recente amigo Loberto, viviremos aventuras e situacións cotiás con moito humor á vez que imos aprendendo sobre eles e o seu peculiar xeito de relacionarse. O libro está estruturado en vinte historias diferentes, con pouco texto e en maiúsculas. Adaptado para os lectores máis pequenos (e non tan pequenos). Levan un máximo de seis viñetas por páxina cunha tipografía e cun deseño moderno que potencia sobre todo a expresividade das ilustracións.
