Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

Irmán do vento

14,90

Autor:
Manuel Lourenzo González

Editorial:
XERAIS

Idioma:
GLG

Páginas:
208

Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO

SKU: 9788497820554 Categoría:

Ficha técnica

Autor
Manuel Lourenzo González
Editorial
Xerais
ISBN
9788497820554
Idioma
Galego
Páginas
208
Encuadernación
Tapa blanda o bolsillo
Disponibilidad
Disponible

"Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo. " " Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de repente, a guerra. Irmán do vento é a crónica da destrución inexorábel de todo canto Khaled é e de canto soña ser. Irmán do vento é tamén a narración emocionante da loita contra ese destino imposto e pola recuperación da dignidade e da esperanza. "Irmán do vento" é, pois, unha novela de aventuras, na que empregando dous narradores, un que introduce a acción e outro que é o protagonista, conta o que lle acontece a Khaled, un rapaz iraquí no medio da recente guerra. A acción transcorre, pois, en dous tempos;no primeiro un dos narradores dá conta de como o protagonista da historia entra na súa vida, e tempo despois se reencontra con el, para darlle a súa voz e relatar as condicións de vida do seu pobo en tempos de guerra. A novela reflicte cómo a infancia, o. sector máis inocente da sociedade, vive un conflicto bélico e sofre as súas consecuencias máis duras, sen ser consciente das causas nin das circunstancias nas que se desenvolve.