Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega
15,00€
Autor:
Carlos López Bernárdez
Editorial:
LAIOVENTO (IBD)
Idioma:
GLG
Páginas:
128
Encuadernación:
OTRO FORMATO LIBRO
Ficha técnica
- Autor
- Carlos López Bernárdez
- Editorial
- Laiovento (ibd)
- ISBN
- 9788484873877
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 128
- Encuadernación
- Otro formato libro
- Disponibilidad
- Disponible
Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega recolle un conxunto de traballos dedicados ao desenvolvemento da pintura galega da primeira metade do século pasado, con especial atención ao papel dos xéneros: retrato, paisaxe ou natureza morta como factores relevantes dentro do proceso evolutivo da nosas artes. A primeira parte do volume insire un estudo sobre a función da retratística na modernización da pintura galega desde fi nais do século XIX até mediados do XX, desde a ?Xeración Doente? até Laxeiro, Eugenio Granell, Maruja Mallo ou Seoane. A segunda parte está dedicada a estudos sobre algunhas das fi guras centrais do movemento renovador da arte galega, os chamados Os Novos: Maside, Souto e Colmeiro, focalizados en boa medida desde a perspectiva dos xéneros. Alén diso, ao longo de todo o libro quérese salientar que boa parte da pintura galega desta tempo é elaborada desde un proxecto rexenerador na perspectiva nacional e cun forte compromiso social e que este discurso non é alleo ao que se produce noutros lugares de Europa ?coas súas singularidades- e en América, no contexto dos chamados ?realismos de entreguerras?. A procura de raíces no pasado propio como fonte de modernidade, vía primitivista, é unha das receitas. No caso galego é a inspiración na arte popular e medieval, en especial a escultura esgrevia e granítica do noso románico e barroco a principal fonte de inspiración e un elemento activo na renovación estética.
