Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

Harry Potter e o Cáliz de fogo

23,65

Autor:
J.k Rowling

Editorial:
GALAXIA

Idioma:
GLG

Páginas:
640

Encuadernación:
TAPA DURA

SKU: 9788482888194 Categoría:

Ficha técnica

Autor
J.k Rowling
Editorial
Galaxia
ISBN
9788482888194
Idioma
Galego
Páginas
640
Encuadernación
Tapa dura
Disponibilidad
Disponible

Esta novela de J. K. Rowling conta como Harry devece por rematar as vacacións do verán para comezar o cuarto curso na escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. Xusto nese momento convídano a asistir á Copa do Mundo de Quidditch e as cousas comezan a complicarse. A maga "Rowling" sabe apaixonar os lectores e lectoras ao tempo que esperta o seu interese cunha historia que recolle gran parte do herdo da literatura, esa longa tradición que comeza nos contos populares e que, pasando polos orfos de Dickens, chega ata o mundo mítico de Tolkien e a rebordante fantasía de Roald Dahl. Nesta aventura Harry vai empezar o cuarto curso na escola de Maxia;o verán estáselle a facer eterno, non só porque estraña os seus mellores amigos, Ron e Hermione, se non tamén polo moito que lle tarda escaparlles aos insoprtables dos Dursley. Por iso tolea de alegría cando lle din que os últimos días das vacacións os ha pasar na casa de Ron para asistir á Copa do Mundo de Quidditch. Mais seica a Harry nunca lle deixan de saír os problemas ao camiño. E desta volta parece que son máis graves ca nunca ... Editorial Galaxia publicou anteriormente en galego os tres primeiros títulos da serie: Harry Potter e a pedra filosofal, Harry Potter e a cámara dos segredos e Harry Potter e o preso de Azkaban.