Golpitas e represores
29,95€
Autor:
Luís Lamela García
Editorial:
LAIOVENTO (IBD)
Idioma:
GLG
Páginas:
406
Encuadernación:
OTRO FORMATO LIBRO
Ficha técnica
- Autor
- Luís Lamela García
- Editorial
- Laiovento (ibd)
- ISBN
- 9788484877165
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 406
- Encuadernación
- Otro formato libro
- Disponibilidad
- Disponible
En Galiza, os crimes dos falanxistas seguen sendo unha das grandes eivas na recuperación da memoria histórica. Non foron vítimas, senón verdugos que executaron a represión e construíron o Estado franquista. Aínda que se foi recuperando a dignidade das vítimas, a memoria dos represores segue no silencio. A historiografía centrouse nas vítimas, deixando fóra os autores dos asasinatos extraxudiciais, os "paseos" e outras formas de violencia paralegal. Escuadróns falanxistas e patrullas da Garda Civil desencadearon o terror na retagarda galega, con detencións, extorsións, violacións e abusos de poder.A posguerra estivo marcada pola miseria, o estraperlo e a corrupción, mentres os falanxistas e dereitistas se beneficiaron do réxime. Coa chegada da democracia, os represores non renderon contas, e a sociedade optou por esquecer antes que perdoar. Este libro procura e documenta a responsabilidade dos falanxistas na desapiadada represión, identificando e explorando o seu papel na construción do franquismo. A través de biografías e investigacións, saca á luz a historia incómoda dos vitimarios, cuxas accións deixaron unha pegada profunda na sociedade galega e española. Unha necesaria reflexión sobre un pasado que aínda agarda ser comprendido na súa totalidade.
