Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

Fábula de Aves

15,00

Autor:
Manuel Forcadela

Editorial:
LAIOVENTO (IBD)

Idioma:
GLG

Páginas:
130

Encuadernación:
NULL

SKU: 9788484874638 Categoría:

Ficha técnica

Autor
Manuel Forcadela
Editorial
Laiovento (ibd)
ISBN
9788484874638
Idioma
Galego
Páginas
130
Encuadernación
Null
Disponibilidad
Disponible

SINOPSE: "Lingua morta, lingua estranxeira a que usan filósofos e poetas, tal como lemos na cita de Giorgio Agabem que encabeza a Fábula das aves. Moi viva e próxima, porén, a voz do vitalista escéptico a quen nomeamos Manuel Forcadela, entregado con paixón á luz do paradoxo, ao fulgor da dúbida. Os seus poemas interpretan con estilo moi natural os seus propios acenos e movementos e os diversos rexistros do seu pensamento e das súas emocións. Os ámbitos da evocación nostálxica, o pracer de certa sensorialidade decadente, a música antiga do alexandrino pautado en rigorosa distribución de pés métricos, os diálogos que equilibran acentos coloquiais e reflexión transcendente, entre outras constantes da súa poética, tensan como nunca os seus instrumentos de precisión no relato desta Fábula das aves, que é a fábula da vida de Manuel Forcadela.A vida," esa mestura / da forza da vontade / e do poder do azar" constitúe a materia central da Fábula das aves, cuxo magnífico voo discursivo se resolve con frecuencia en formatos de sátira elegante. Así nos momentos en que o autor escolle a voz desmitificadora da poesía e dos poetas mozos, autores de "poemas por sempre inesquecibles / que xa ninguén recorda". Manuel Forcadela, sabio en artes de paixón escéptica, é consciente, porén, do permanente efecto transformador do poema, cuxo sentido simbólico "non substitúe o real senón que o incrementa", tal como se verifica na lectura da Fábula das aves, alta música de pensamento e linguaxe."Xosé Mª Ávarez Cácamo