Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

Entre a memoria e o esquecemento

14,96

Autor:
Guiomar Acevedo López

Editorial:
LAIOVENTO (IBD)

Idioma:
GLG

Páginas:
166

Encuadernación:
OTRO FORMATO LIBRO

SKU: 9788484877042 Categoría:

Ficha técnica

Autor
Guiomar Acevedo López
Editorial
Laiovento (ibd)
ISBN
9788484877042
Idioma
Galego
Páginas
166
Encuadernación
Otro formato libro
Disponibilidad
Disponible

Subtítulo: Unha visión do pasado español dendeo exilio republicano en MéxicoA autora, especializada en estudos sobre memoria e identidade en contextos de desprazamento forzado e exilio político, achéganos, ademais de reflexións teóricas sobre os seus dous principais obxectos de estudo, unha aproximación ao exilio republicano en México e a súa institucionalización, así como ás condicións nas que se produciu a denominada "transición española", ollada dende a distancia dun exilio permanente no país de acollida.Guiomar Acevedo López, neta de exiliados republicanos, de Xoán López Durá, importante dirixente galeguista, e máis da socialista Caridad Martín Fernández, apórtanos a visión, no só académica, senón tamén humana, da terceira xeración, a dos netos e netas do exilio, e en especial daquel que nunca regresou, ou, en palabras do filósofo Adolfo Sánchez Vázquez, do aterrado, sen raiceiras nin asentamento, esgazado da súa terra, dos seus, aferrollado ao presente, entre un pasado que non se vai e un futuro que non vén, ata virar nun transterrado, o que atopou despois do perdido, isto é, do desterro.