Eles libres e iguais, elas obedientes pola graza de Deus
24,95€
Autor:
Isabel Rodríguez Mate
Editorial:
LAIOVENTO (IBD)
Idioma:
GLG
Páginas:
226
Encuadernación:
NULL
Ficha técnica
- Autor
- Isabel Rodríguez Mate
- Editorial
- Laiovento (ibd)
- ISBN
- 9788484876342
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 226
- Encuadernación
- Null
- Disponibilidad
- Disponible
Neste ensaio analízase a repercusión da perpetuación dos valores morais da Igrexa católica na discriminación das mulleres durante o proceso de construción do sistema liberal no Estado español e en Galiza (1812-1936), así como na reducida dimensión das protestas promovidas polo descontento fronte a estes agravios.Deste xeito, se ben xa na Constitución de 1812 enunciábanse como principios esenciais do dereito a liberdade e a igualdade dos individuos (e son estes o principal leitmotiv da conflitividade social de carácter reivindicativo durante o século XIX), as mulleres ficarían excluídas destas premisas até 1931.Nesta discriminación xogarían un papel esencial tanto a reprodución da conversión dos pecados en leis a través do Estado liberal confesional como o monopolio da Igrexa católica na fixación das directrices morais que debían de imperar nas institucións educativas e nos espazos de socialización e ocio, ocupando un lugar principal a protección dos valores tradicionais ligados á familia e á sexualidade.Os principios vinculados á moralidade nestes dous últimos ámbitos serían un puntal clave no contrapeso aos primeiros ecos feministas da Idade Contemporánea en Galiza. Uns ecos que se fixeron ouvir a contracorrente e que son pezas fundamentais no camiño cara a erradicación da discriminación de xénero.
