EDUCACIÓN DEMOCRÁTICA OU BARBARIE Os concellos abrirán c
15,00€
Autor:
Xaqu¡N Álvarez Corbacho
Editorial:
LAIOVENTO (IBD)
Idioma:
GLG
Páginas:
126
Encuadernación:
OTRO FORMATO LIBRO
Ficha técnica
- Autor
- Xaqu¡N Álvarez Corbacho
- Editorial
- Laiovento (ibd)
- ISBN
- 9788484872702
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 126
- Encuadernación
- Otro formato libro
- Disponibilidad
- Disponible
EDUCACIÓN DEMOCRÁTICA OU BARBARIE.Os concellos abrirán camiño.______________________________O financiamento dos concellos está moi vencellado ás transferencias e subvencións. Ambos os dous recursos son ingresos tributarios que pagan persoas alleas ao municipio beneficiado. É dicir, que se produce unha redistribución de rendas que debe ser considerada e analizada. En caso contrario as subvencións poden ser manifestamente mellorábeis. Tamén as subvencións se xustifican pola capacidade e esforzo fiscal, por teren competencias compartidas e pola solidariedade ou colaboración institucional. Pero outras veces son froito do clientelismo e do paternalismo, da reprodución política e da corrupción. E cando isto sucede, aparece a desorde e tamén unha cultura que deteriora o financiamento municipal. Ou sexa, o libro analiza problemas que padecen os concellos galegos polo mal uso da subvención. Porque ademais do xa indicado, intentar corrixir o deterioro da base económica e caída demográfica municipal, pola vía da fusión incentivada con subvencións, non deixa de ser unha política confusa. Como tamén sucede cando se potencian as Deputacións provinciais a costa de suprimir competencias municipais. A cultura da subvención xa invade e destroza o noso espazo común.
