Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

Edelmiro Méndez da terra que fomos 2ª edición

35,00

Autor:
Varios Autores

Editorial:
CANELA

Idioma:
GLG

Páginas:
276

Encuadernación:
RUSTICA

SKU: 9791399168006 Categoría:

Ficha técnica

Autor
Varios Autores
Editorial
Canela
ISBN
9791399168006
Idioma
Galego
Páginas
276
Encuadernación
Rustica
Disponibilidad
Disponible

O cuarto volume da colección IMAXES DUN PAÍS, que agora sae á luz na súa segunda edición revisada, contén 226 fotografías das que 219 foron tiradas en branco e negro por Edelmiro Méndez entre os anos 1957 e 1964 no actual concello lugués da Pontenova, conformando un conxunto de gran valor histórico, etnográfico e documental que representa a sociedade local tradicional, recoñecible aínda por moitas persoas, cando iniciaba a transformación que se con solidaría anos despois. A través dunha mirada limpa e ordenada, chea de maxia, os suxeitos transcenden o obxectivo da cámara fotográfica mostrando unha profunda complicidade co fotógrafo, con quen manti ñan unha relación próxima propiciada pola súa empatía e por ter exercido anteriormente como zapateiro e gaiteiro, e tamén porque a súa esposa Pilar rexentaba unha taberna en Xinzo. O discurso visual do libro percorre o ciclo vital das persoas, que o fotógrafo rexistra desde o nacemento ata a morte, nas festas lúdicas e relixiosas, romarías, xogos, divertimentos, vodas, mallegas e outros aspectos do ciclo agrícola, festivo, etc. Completan a obra os textos de bos coñecedores do traballo fotográfico de Edelmiro Méndez, como son: Xosé Manuel Méndez, o seu fillo maior;José M. Salgado, fotógrafo profesional e edi tor gráfico desta obra;Anxo Fernández Ocampo, especializado en antropoloxía visual e docente na Universidade de Vigo, e Xoán Ramiro Cuba, etnógrafo e escritor.