Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

Diálogos de mortos. Diálogos mariños

15,00

Autor:
Luciano de Samosata

Editorial:
RINOCERONTE EDITORA S.L.

Idioma:
GLG

Páginas:
152

Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO

SKU: 9788492866847 Categoría:

Ficha técnica

Autor
Luciano de Samosata
Editorial
Rinoceronte editora s.l
ISBN
9788492866847
Idioma
Galego
Páginas
152
Encuadernación
Libro en otro formato
Disponibilidad
Disponible

Os 'Diálogos de mortos' trasládannos ao Hades, onde comparten espazo personaxes históricos, heroes mitolóxicos e xentes descoñecidas que responden á caracterización de tipos: avarentos, parasitos ou cazafortunas. Alí todos poden constatar a incuestionable realidade de que a morte iguala a todos, pois no mundo do máis alá as diferenzas que marca a fortuna, a posición social, ou as calidades persoais desaparecen e tan só quedan caveiras e ósos pelados, evidencia da inutilidade dos traballos pasados en vida. Pero os máis dos humanos non son conscientes disto e pretenden reproducir os seus esquemas vitais na existencia post mortem. Cando as divindades infernais os instrúen nas leis que funcionan alí, xorde un sentimento de perplexidade e ás veces unha rebeldía que dura pouco, e os mortos, outrora privilexiados, comezan a súa dura adaptación a unha nova realidade igualadora sen ningunha das prebendas anteriores. Nos 'Diálogos mariños' os interlocutores son divindades vencelladas coas augas, ninfas, ríos, tritóns e por suposto Posidón, cuxas historias tradicionais se manipulan de maneira cómica. Céntranse case todos nas súas aventuras amorosas, destacando os aspectos máis ridículos, pero en ton amable e lixeiro, sen crítica, simplemente como unha rexouba inocente de amigos nun ambiente bucólico que só pretende arrincar un sorriso.