Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

Debuxar o mundo. Xogar, crear, compartir

18,10

Autor:
Vicente Blanco

Editorial:
GALAXIA

Idioma:
GLG

Páginas:
172

Encuadernación:
RUSTICA

SKU: 9788491517672 Categoría:

Ficha técnica

Autor
Vicente Blanco
Editorial
Galaxia
ISBN
9788491517672
Idioma
Galego
Páginas
172
Encuadernación
Rustica
Disponibilidad
Disponible

PREMIO MARTA MATA DE PEDAGOXÍA 2020 Debuxar o mundo xorde da experiencia dos autores como artistas e profesores nunha facultade de formación de profesorado. Partindo do debuxo como un medio espontáneo, ubicuo, democrático e inherente ao ser humano, examinan a práctica artística e educativa do debuxo. O libro recolle as propostas de debuxo froito da súa investigación artística levadas a cabo con nenos e nenas de infantil e primaria en colaboración con escolas, familias e colectivos interesados en metodoloxías activas. Agrúpanse en catro apartados: volver debuxar (pensadas para que as persoas adultas que traballan coa infancia recuperen o debuxo), contar debuxando (experiencias onde conviven palabras e imaxes), xogar debuxando (o debuxo a través do xogo) e concienciar debuxando (debuxo activista). Todas elas comparten como de características o incidir na idea de proceso (descubrir formas de facer abertas que non buscan un único resultado);experimentar con diferentes materiais, técnicas e linguaxes artísticas;favorecer a creación dun imaxinario e estilo persoal apartándose de respostas estereotipadas;e educar o sentido estético.