Cotovía
18,00€
Autor:
Dezsö Kosztolányi
Editorial:
RINOCERONTE EDITORA S.L.
Idioma:
GLG
Páginas:
208
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Ficha técnica
- Autor
- Dezsö Kosztolányi
- Editorial
- Rinoceronte editora s.l
- ISBN
- 9788492866854
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 208
- Encuadernación
- Libro en otro formato
- Disponibilidad
- Disponible
En Sárszeg, unha vila de provincias da Monarquía austrohúngara, habita Ákos Vajkay e a súa muller na compañía da súa única filla, a fea e solteirona Cotovía. A viaxe de Cotovía para visitar os seus tíos no campo, causa de tristura nun principio, espértaos ás cores do teatro, aos recendos e sabores do restaurante Rei de Hungría, ao xogo do tarot, á vida en sociedadeà a unha vida esquecida, soterrada baixo a orde e a rutina. Co seu característico humor e fonda finura psicolóxica, Kosztolányi presenta en Cotovía un revelador retrato dos Vajkay e pinta un vivo fresco da súa Szabadka natal, onde por veces amosa, outras veces suxire, a face e o envés dunhas personaxes contraditorias, o colorido agachado baixo unha superficie de grises ou o drama oculto tras da caligrafía ordenada dunha carta.
