Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos
34,50€
Ficha técnica
- Autor
- X. L Méndez Ferrín
- Editorial
- Xerais
- ISBN
- 9788497826426
- Idioma
- Galego
- Páginas
- 504
- Encuadernación
- Tapa dura
- Disponibilidad
- Disponible
Neste Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos, X. L. Méndez Ferrín explora, con ánimo indagatorio e divulgativo, sen unha estrita pretensión académica, os antropónimos do noso País, que son os auténticos protagonistas deste libro. A obra organízase en tres partes: no "Consultorio" abórdanse asuntos xerais e particulares referidos aos nomes persoais e aos apelidos galegos;en "Un ferrado de apelidos" analízanse por orde alfabética os 153 apelidos máis frecuentes;e en "Flor de raros" trátanse vinte apelidos seleccionados entre os excepcionais. Completan a obra un breve glosario e un completo índice onomástico. O Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos é un volume de indispensable consulta para todas aquelas persoas que sintan curiosidade e afán de coñecemento pola vida e a historia dos devanceiros.
