Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

COMO EN ALXERIA

20,50

Autor:
Xosé Ramón Pena Sánchez

Editorial:
XERAIS

Idioma:
GLG

Páginas:
232

Encuadernación:
RUSTICA

SKU: 9788499144351 Categoría:

Ficha técnica

Autor
Xosé Ramón Pena Sánchez
Editorial
Xerais
ISBN
9788499144351
Idioma
Galego
Páginas
232
Encuadernación
Rustica
Disponibilidad
Disponible

A comezos da década dos 60 do século XX -unha década realmente « prodixiosa» na perspectiva de determinados analistas e, desde logo, de moitos daqueles que a protagonizaron- o mundo enteiro vive momentos de axitación e incertidume. O 1 de xaneiro de 1959 as tropas de Fidel Castro entraran na Habana e Santiago de Cuba. Dous anos máis tarde, en abril de 1961 -e contando co patrocinio da CIA- ten lugar o desembarco en Bahía de Cochinos, que rematará, porén, co triunfo das forzas revolucionarias fieis a Castro. Asemade, noutra parte do planeta, en Alxeria, vívense os tempos da rebelión contra o poder colonial francés, que conducirán á independencia do país en xullo de 1962. Cuba e Alxeria, pois;Fidel Castro, Ben Bellaà nomes que están nas mentes, nas conversas, no horizonte diario duns mozos que, entre Madrid e Galicia, soñan con ser quen de sacudir o xugo da ditadura franquista e conquistar, entón, a liberdade para o seu pobo. Mais esa actitude rebelde de esixir un xesto, unha acción «romántica» que dea cumprida noticia da protesta- é cuestionada por outros sectores da resistencia moi condicionados aínda polo trauma da Guerra Civil e mais as persecucións da inmediata posguerra. Xosé Anxel Viana vén ser un deses mozos que se debaten entre a fidelidade ao proxecto dos maiores e mais o afán por conformar unha alternativa propia e radical -«como en Alxeria?», velaí a pregunta que os obsesiona arreo-. No medio e medio da incerteza, Viana e mais os seus compañeiros reciben a inagardada visita de Paloma, unha resplandecente actriz mexicana que, de súpeto, remove conciencias e vidas. Amor, paixón humana e política inician, xa que logo, unha carreira cada vez máis acelerada na cal as esperanzas, as desputas e traizóns, o medo e a ousadía aparecen entrelazados nun episodio singular e descoñecido que se puido constituír na «outra» crónica da historia de Galicia e do galeguismo.