Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

BIBLIOTECARIAS E BIBLIOTECARIOS INFAMES

16,00

Autor:
Francisco Xavier Redondo Abal

Editorial:
LAIOVENTO (IBD)

Idioma:
GLG

Páginas:
175

Encuadernación:
OTRO FORMATO LIBRO

SKU: 9788484872924 Categoría:

Ficha técnica

Autor
Francisco Xavier Redondo Abal
Editorial
Laiovento (ibd)
ISBN
9788484872924
Idioma
Galego
Páginas
175
Encuadernación
Otro formato libro
Disponibilidad
Disponible

Vas ler algo que fai abanear o mobiliario histórico. Vas recibir unha información perturbadora, un deses estrelampos que se abre paso entre as lamias da persiana da ocultación, perpetrada ás veces coa hipócrita desculpa da "operación Olvido". Vas entrar en Bibliotecarias e bibliotecarios "infames", vas saír da autoestrada do relato histórico convencional, vas ir a pé, a valmontes, pola banda inhóspita da historia, e vas sentir que a intrahistoria, como o rumor dun bater de alas nun bosque queimado, vén por ti. Cada vez que entres nunha biblioteca ou nun arquivo, ou cada vez que escoites "depuración" ou "extirpación", vaste lembrar de Bibliotecarias e bibliotecarios "infames", de como o compromiso polo espallamento do saber se converteu nunha proba de cargo e nunha mancha ominosa, de como palabras de uso hixiénico ou sanitario poden ser envelenadas polo arsénico do odio e metamorfosearse en sinistros eufemismos. Este é un libro de historia, si. Ben feito. Impecábel. Mais tamén un libro que fai historia: un acto de verdade, xustiza e reparación. Bibliotecarias e bibliotecarios "infames" semella escrito coa perseveranza luminosa do guizo, ese pau resistente onde a lingua de lume faise lapis, nun movemento ben sutil.Manuel Rivas