Recogida gratis · Envío 24/48h · Envío 5,00 €

Tu compra

Tu cesta está vacía

Librería Agrasar

Autogoberno e Sistemas de Financiamenro

24,95

Autor:
Xosé Díaz Díaz

Editorial:
LAIOVENTO (IBD)

Idioma:
GLG

Páginas:
236

Encuadernación:
NULL

SKU: 9788484876564 Categoría:

Ficha técnica

Autor
Xosé Díaz Díaz
Editorial
Laiovento (ibd)
ISBN
9788484876564
Idioma
Galego
Páginas
236
Encuadernación
Null
Disponibilidad
Disponible

Autogoberno e Sistemas de Financiamento.O papel da Nación Galega, de Xosé DíazPretendemos presentar dun xeito resumido as cuestións esenciais que suscitan os sistemas de financiamento no Estado español, centrándonos especialmente nas deficiencias, que desde un punto de vista nacionalista galego, caracterizan ao chamado sistema de réxime común, que afecta a 15 das Autonomías, (sen que este termo teña nada a ver co significado real desa verba), agás as forais, pois o mesmo TC canso está de acreditar en diversas das súas sentencias que "Autonomía non é Soberanía" poñéndonos de manifesto a moca que supón escoitar a tantos que o Estado español "é o máis descentralizado do mundo", crenza baseada no seu españolismo, na fe, ou na ignorancia sobre as competencias de que dispoñen os Estados, por exemplo, que forman os EUA, que tomamos como exemplo porque nunca escoitarán falar delas á morea de "teóricos españolistas especialistas nesta temática", malia a admiración que profesan polo mesmo. Resultado obrigado da configuración exixida pola lexislación na materia e na propia Constitución vixente, condenada á duración eterna, coma se dun texto sacro se tratar, é así frustrar o financiamento dun autogoberno merecedor de tal nome. Ademais de criticar as súas graves incoherencias, do punto lóxico, ademais do maltrato que supón para Galiza, intentamos demostrar que só un sistema baseado na plena liberdade fiscal para as Nacións sen Estado, inxeridas á forza no Estado en diferentes momentos da Historia, pode solucionar o problema nacional realmente existente.